logo EAFP

O teu mecenado

Mira este pequeno avance da película

A PEGADA DOS AVÓS


(CURTA EDITADA PARA A PRESENTACIÓN DA COMISIÓN DA VERDADE)

¿Paga a pena contar esta historia?

XA CASE A TEMOS REMATADA, PERO SÓS NON PODEMOS CON TODO.

ESTA PELÍCULA, QUE XORDE POR INICIATIVA DA CRMHC, XA ESTÁ RODADA E EDITADA, SÓ NOS FALTAN AXUSTES TÉCNICOS, OS SUBTITULADOS, PRESENTACIÓN, DISTRIBUCIÓN, ETC..

SÚMATE AO PROXECTO PARA QUE POIDAMOS DIFUNDIR A PELÍCULA

Sacar adiante un documental que aborde este tema non adoita ser tarefa doada. Coa actual situación, máis difícil aínda. Con moito esforzo ímolo conseguindo pero necesitamos recursos para lle dar vida e percorrido á película.



O traballo realizado ata este momento foi posible grazas, fundamentalmente á capitalización dos nosos salarios, e ao apoio inicial de 132 persoas e algunhas organizacións sen fins de lucro, que, coas súas achegas nos deron o empuxón necesario para arrancarmos nunha primeira campaña de micromecenado (crowdfunding).



O esforzo paga a pena e por iso pedimos a túa participación por medio do micromecenado. Só tes que facer clic nesta ligazón.

Tamén podes participar dando difusión entre o teu directorio e amigos para que coñezan o proxecto e, sobre todo, coa túa recomendación para que o apoien e o difundan.

Grazas polo teu apoio.

Ten a absoluta garantía de que a túa achega se dedicará integramente a facer posible e útil esta película. A nosa traxectoria aválanos e en EAF Producións podes facer todas as consultas ou pedir todas as explicacións que consideres oportunas.

Queremos que saibas en que se utilizan os recursos obtidos con claridade e transparencia.